Seguidores

viernes, 17 de mayo de 2024

A faciana nun papel

Buscaba entre as facianas, 
dunhas descoloridas fotografías. 
Entre a bruma do tempo, 
e nos recordos daqueles días. 

O roce da súa memoria, 
segue afiándose co paso dos anos. 
Xogouse unha vez a vida, 
non quere máis escadas.

Desafiou aos designios do destino, 
deixando as alegrías en espera. 
Quería pintar de mil cores, 
os descansos da sua escaleira. 

A vida dáballe tempo,
e raios de luz dourada. 
Aínda que parecen hoxe afastados, 
a súa sombra foi moi alargada. 

Os seus ollos seguen a soñar
e ven o seu sorriso en cada foto.
Cruza os dedos y reza, 
o desexo faino devoto. 

Seu corazón deshilachado,
e rabuñado polos anos. 
Aínda temendo a febre do esquezo, 
sabe que non son estranos.

©️ILS2024
#DiadasLetrasGalegas

No hay comentarios:

Publicar un comentario