Seica que hoxe nos deixaches,
e coido que me costa falar.
Por iso deixarei escrito na historia,
o que me está custando levar.
Cando non te vexa onde sempre,
e cando non senta o teu estar,
pecharei moi forte os ollos,
ata que che vexa chegar.
O teu camiño foi exemplo,
exemplo de sabiduría e querer.
Soubeches estar en cada intre
onde debías estar.
Serio, alegre, e boa persoa,
recto, agradable, e moi ameno.
Amigo de todo o mundo,
bo pai, bo abó, e mellor compañeiro.
Hoxe Ribeira perde un veciño,
hoxe Vigo perde un traballador.
E hoxe todos temos un recordo que no corazón queremos gardar.
Recordo do que fixeches,
do que estabas a facer e sobretodo que deixastes sen rematar.
Eu perdo un amigo, un cuñado
e un mellor compañeiro.
Ben sei que o teu baleiro será grande, e teño dúbidas de como o poderei encher.
Hoxe vouche chorar, e gardar o teu recordo, ao carón de todoslos bos recordos que che teño.
¡Hasta sempre Quico,
Quérote!